“Eu son eu e a miña circunstancia. Si non a salvo a ela, non me salvo eu”.
Cando precisas tomar unha decisión, reflexionar ou comprenderte mellor. Cando buscas un espazo para atopar respostas ou estratexias de solución. Axudámosche a atopalas de maneira individual, en parella ou en familia.
“As dificultades das crianzas non son moi distintas das dos adultos (e viceversa)”
Todas as etapas do crecemento e desenvolvemento son un reto. Traballamos con todas as idades, acompañándote no camiño para que atopes a dirección que buscas, aprendendo a afrontar as dificultades propias do proceso.
“Neste ámbito xúntanse tódolos camiños”.
O proceso de xestación, parto, posparto e crianza é unha das especialidades nas que nos temos formado nos últimos anos. Unha necesidade propia desta sociedade que esqueceu, durante anos, o saber e a experiencia relacionada coa maternidade, os vínculos e o desenvolvemento dos apegos.
Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso del sitio web.