Avisos legais


Aviso legal, LSSI (Ley 34/2002)

De conformidade co artigo 10 da Lei 34/2002 do 11 de Xullo de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico, poñemos no teu coñecemento a seguinte información:
Denominación social do prestador de servizos da sociedade da información: María Martínez Conde (Andares, Gabinete de Psicoloxía)
Domicilio social: Avda. Alcalde Gregorio Espino 17, 36205 Vigo, Pontevedra
Código de Identificación Fiscal: 36081134-E
Dirección de correo electrónico: andares (arroba) andarespsicologia.com

María Martínez Conde é membro do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia co número de colexiada G-3444

O Gabinete de Psocoloxía Andares está inscrito dende o ano 2008 no rexistro de centros, servizos e establecementos sanitarios da Comunidade Autónoma de Galicia co número C-36-001528

Política de privacidade

De acordo co disposto na Lei Orgánica 15/99 do 13 de decembro de 1999 sobre Protección de Datos de Carácter Persoal, María Martínez Conde (Andares Gabinete de Psicoloxía). e o seu sitio web https://www.andarespsicologia.com cumpre a lexislación vixente respecto da protección de datos persoais e de contacto e mantenos na máis estrita confidencialidade.

En concordancia coa normativa actualmente vixente en materia de protección de datos (LOPD), así como en materia de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico (LSSI-CE), o usuario acepta que os datos achegados por medio desta páxina web sexan incorporados a ficheiros titularidade de (Andares Gabinete de Psicoloxía). Coa finalidade de atender as súas consultas e remitirlle información relacionada que poida ser do seu interese.

Mediante o uso, por parte de usuario, dos formularios de contacto e do correo electrónico facilitado nesta páxina web, o cliente autoriza expresamente a Andares Gabinete de Psicoloxía ao envío de comunicacións comerciais por correo ordinario e/ou electrónico, así como ao previsible contacto telefónico co fin de ofrecer os servizos ofertados.

A información recibida será utilizada exclusivamente para propósitos inherentes a cada servizo e non será comunicada a terceiros.

Así mesmo, Andares Gabinete de Psicoloxía gardará os datos de carácter persoal que solicitase e adoptará as medidas necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizados.

Os clientes e/ou usuarios de https://www.andarespsicologia.com poden, en todo momento, exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición sobre os seus datos persoais mediante un escrito á nosa dirección: Avda. do Alcalde Gregorio Espino, 17, 36205 Vigo.